Municipais 2019

O 26 de maio de 2019 celébranse eleccións municipais.

Co aval do traballo feito e a ilusión intacta, Veciñanza concorre de novo para someterse á avaliación dos veciños e veciñas de Cuntis, como ferramenta de traballo dun futuro posible na nosa vila. Cos erros cometidos e coas experiencias adquiridas, a alternativa veciñal ten as portas abertas para sumar a todas aquelas persoas que desexen aportar o seu gran de area.

Neste espazo poderás atopar todo o relativo á configuración da candidatura para o ano 2019, o programa electoral participativo, os materiais de campaña e todo aquilo que vai xurdindo.